Opinión

Non é de hoxe

Acorrupción rampante que asola as Españas non é de hoxe. Convén facer memoria. O latrocinio eiquí é unha cuestión vella, xa que na nosa incivil guerra de 1936 houbo o roubo do ouro que enviaron a Moscú, que, como dicían as nosas xentes, “había que telo nunha boa man”, e despois o tesouro do iate “Vita”, que tomou rumbo a Méjico pra facer lingotes do patrimonio artístico español.

Foron dous líderes do PSOE enfrentados xa durante a guerra, Indalecio Prieto e Juan Negrín, os que iñoraron o artigo 45 da Constitución da República de 1931: “O Estado debe salvaguardar toda riqueza artística e histórica, sexa quen fora o seu dono, constituindo o tesouro cultural da nación…”.

Os profesores Francisco García Alonso e Gloria Munilla explican a singladura do iate “Vita”, que cargou tesouros das catedrais de Toledo e Tortosa, materiais da capela do Pazo Real de Madrid, depósitos da Generalitat, o monetario do Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid…

Indalecio Prieto, que fora defenestrado polo seu correlixionario Juan Negrín, exerceu de contrapoder no exilio, invitado por Lázaro Cárdenas a instalarse en Méjico, apoiado polos bos oficios do socialista Enrique Puente, xefe da escolta do cargamento do “Vita”, e fíxose co control dos tesouros que o barco transportaba. Xa no outono de 1936, tras informar ao presidente da República, Manuel Azaña, de que a mellor maneira de xestionar as reservas de ouro era na banca soviética, Negrín enviou 7.800 caixas de lingotes de ouro a Moscú.

Hai outra requisa numismática do Museo Arqueolóxico Nacional, que no 1925 contaba con 160.000 moedas, 15.000 medallas e medio millar de pezas grabadas, que “latrocinou” o subsecretario do Ministerio de Instrucción Pública e Belas Artes, Wenceslao Roces, co concurso de Antonio Rodríguez-Mouriño Roces, retornado do exilio e senador comunista nas eleccións xerais de 1977, inda que endexamais asumiu a responsabilidade daqueles feitos. ¿Ata onde pode chegar un goberno con patrimonio dunha nación?

Por iso dicía que non de é de hoxe a actual e rampante corrupción que estamos a padecer nestes anos: Gürtel, Bárcenas, os ERE de Andalucía, o tema de Bankia con Rodrigo Rato ao mando, a familia Pujol, “pra facer país” na Cataluña que anda a velas vir cunha débeda que pagamos o resto dos españolitos. Inda que afortunadamente tamén hai unha boa morea de políticos que son dunha honradez acrisolada.

Na miña visita á Unión Soviética trouxen uns rublos que regalei a un amigo comunista que ao collelos parecía que eran a estampa da Virxe de Fátima.

PD: Mariano Rajoy dixo en Grecia: “As promesas están pra se cumplir”.

Te puede interesar