Opinión

NOSA SEÑORA DA BARCA

Nosa Señora valeime / que estou no medio do mare,/ non hai barqueiro que reme'.


Os mariñeiros da Costa da Morte choran a fogueira do santuario da Nosa Señora da Barca. Quen esto escrebe estiven alí co meu fillo Gustavo e rubimos á Peneda do Abalar, que daquela estaba fendida pola metade.


Foi unha viaxe lediciosa, dende o Grove ata Santa Marta de Ortigueira no medio do vran, percorrendo a nosa costa galega: A Proba do Caramiñal, Noia, Fisterra... ata chegar a Nosa Señora da Barca, onde pregamos polos mariñeiros nosos que arriscan as súas vidas pola 'mar marea'.


Pois hoxe choran os mariñeiros e tódolos que nos sentimos galegos de nación.


Que a restauren axiña, que non fagan como coa Ermida dos Remedios, que traballo costou que soltaran os cartos os políticos.


Ave María, 'Nosa Señora valeime/ que estou no medio do mare / e non hai barqueiro que reme'.

Te puede interesar