Opinión

Nosa señora da Barca

Nono soio a xente do mar -os mariñeiros e mailas súas familias- quérenvos Virxenciña de Barca. Xa hai culto mentres as ondas da mar marea baten coa pedra de abalar. Somos moitos os galegos que vos veneramos porque sodes o faro meirande que ten a nosa Galicia cara a ese atlántico que surte de "o que cae na rede todo é peixe".

Xa está a eirexa pra o culto. Pra que os galegos, mariñeiros ou non fagan as súas plegarias por quenes saen nos solpores e chegan aos peiraos coas riquezas que a mar marea ten. E remato coa plegaria vella: "Nosa Señora da Barca / ten o tellado de pedra. / Poidelo ter de ouro / se a Nosa Señora quixera.

Te puede interesar