Opinión

UN PAPA EVANXÉLICO

Chegou o mar á ribeira', que din os nosos mariñeiros. Falou o papa Francisco perante seis horas nunha entrevista á prestixiosa revista dos xesuitas italianos 'La Civiltá Catolica'. E a Súa Santidade esplaiouse. Non deixou ningún tema no tinteiro. Pois resaltemos algúns párrafos, xa que logo eiquí nestas páxinas non cabería analizar o dito por Francisco.


'O xesuita-que é íl- pensa, sempre e continuamente, cos ollos postos no hourizonte cara onde debe camiñar, tendo a Cristo no centro'. E engade que os cregos deben 'deixar de ser funcionarios'. Esto mesmo díxeno eu no Centro Cultural da Deputación cando presentei un libro sobor da Xuventude de Acción Católica na presenza do bispo Quinteiro Fiuza. E houbo algún crego que se escandalizou. Claro, porque algúns bautizan, casan, enterran e din misa e eí acaba a súa laboura pastoral. Unha mágoa.


Hai un párrafo da entrevista que me gusta suliñar: 'Eu vexo a santidade no pobo de Deus. Existe unha clase media da santidade da que todos podemos formar parte. A Igrexa coa que nos debemos sentir é a casa de todos, non unha capilla na que somentes caben un grupiño de persoas selectas'. Coincide no de selectas co que dí Camino, a 'Biblia' do Opus Dei, cando dí: 'Pro tí do montón, si naciches pra caudillo'!. Istes son os selectos, que aos casados chámenos 'clase de tropa'. Pro non é un aacramento?


Segue o papa con outra sentencia: 'Vexo con claridade que o que a Igrexa necesita con maior urxencia e a capacidade de curar feridas e dar calor aos fieis, cercanía, proximidade. Vexo a Igrexa como un hospital de campaña tras unha batalla'.


Temos que pedir perdón, escomenzando polos bispos e cregos, polo moito que ofendimos a moita xente, que non tivo a gracia da fe. Lembro no 1952, cando a misión que deron os PP. Paúles, que polas mañás no rosario da aurora cantábamos: 'Quien trabaja en domingo y no va a misa, se va al infierno más que de prisa'.


'O confesionario -di Francisco- non é unha sala de tortura, senón o lugar da misericordia'. Cántos padecemos as penitencias, os reproches, os tiróns de orella dalgúns cregos que parecía que somentes eles non eran pecadores, e a nós agardábanos o inferno 'por uns momentos de placer'!


Hai canta ten que ser a misericordia de Deus pra perdoarnos a todos: bispos, cregos e leigos! Eu lembro a un crego amigo que na misa en galego das nove e media na capela do Santo Cristo botou vinte minutos de homilía, advertíndonos que nos condenaríamos senón gardábamos os mandamentos. E que ao remate da misa fun a sacristía e espeteille: 'Oe, e logo tí non pecas? Predica a esperanza e a misericordia de Deus que é infinita, que mandou ao seu Fillo Xesucristo a salvar e perdoar'. O bó do crego calou.


'Pois ben -e remato con estas verbas de Francisco- a esperanza cristiá non é un fantasma e non engana'. ¿Faranlle caso bispos e cregos a todo o que di este papa evanxélico e polo tanto santo. Un home de fe que di 'quén son eu pra condear aos homosexuais que buscan a Deus?


Que o Creador o teña moitos anos no pontificado e que o Espíritu Santo o sega a iluminar.


P.D. Escríbeme unha señora, dona María, sobor do artigo que escribín sobor da ermida dos Remedios. Graciñas, dona María.

Te puede interesar