Opinión

Este Papa vaina armar

Bueno, amable lector, coido que Francisco vaina armar, se non a armou xa. “Os divorciados casados de novo non están excomulgados”, di o papa que chegou das Américas a rachar os moldes tradicionais que rexían na Igrexa. Non ten medo a chamarlle ás cousas polo seu nome. ¡Non están excomulgadas! E nunca deben ser tratadas como tal. Son sempre parte da Igrexa. Cousa que non era así ata de agora, senón que eran excluídas e tratadas con falta de caridade. Quen esto enriba firma non estudou Teoloxía, pero a mellor teoloxía é defender o Evanxeo. Dar testemuña dil. Non pertenzo aos “escollidos”, son un pecador, pois como di San Agustín, “o que di que non peca, está pecando”.

E Francisco engadiu, sen se separar da dotrina da Igrexa, que tantos e tantos bispos e cregos están aburguesados. Non se poñen diante da pancarta cando hai que defender os dereitos sociais dos traballadores que son explotados por quen somente busca o seu beneficio económico, deixando de lado a quen os axuda co seu traballo.

“Os fillos da nova unión si poden acceder aos sacramentos. Por outro lado, as persoas casadas so polo civil e divorciadas si poden comulgar”. O dito, amable lector, temos os crentes e os que non o son un papa que é referente moral no mundo, onde non hai ningún político, por moi poderoso que sexa, que reúna tódolos domingos na Praza de San Pedro a milleiros de crentes, e non tanto, que desexan escoitar as palabras deste papa que dá testemuña co seu exemplo, coa súa cercanía. Coa súa valentía ao non viaxar nun “papamóvil” pechado por medo a que poidan atentar contra íl. Porque está iluminado polo Espírito Santo e vive nunha residencia, que nunca se puxo os mocasíns roxos, e leva colgado no seu peito unha cruz de lata, como decíndolle aos cregos e bispos que quere “unha Igrexa pobre a para pobres”.

Sinto que aos “escollidos” non lles agrade este apa, ao que o poñen a caldo nas redes sociais e nos xornais, como no madrileño das tres letras, xa me entenden. Onde hai un crego S.M. que quere voltar a Trento. Por eso di Francisco sempre que nos fala: “Recen por mí”. Que boa falta lle vai facer.

P.D.: Un sobriño do papa, Carlos, di que Francisco levántase ás catro da mañá e fai a cama. ¿Cantos o poden imitar? A saber.

Te puede interesar