Opinión

Pero, ¿que está a pasar?

Cando se celebraron as primeiras eleccións municipais díxenlle a un amigo que había sido elexido: "Boeno, agora a chupar". Respostoume moi cheo de razón: "Vos puñades o cazo". "¿Quen, eu?". "Non ti non, máis outros, si".

As Españas están podridas: dende as máis altas institucións do Estado. A xudicatura. E xa non digamos da clase política (da "casta", que dí Pablito Iglesias, o de Podemos, que como "non tocaron ainda pelo", como se dí nos touros cando algún corta unha orella).

A cousa escomenzou con "mi emano", Juan Guerra en Sevilla, cando era vicepresidente do goberno central Alfonso Guerra, que ía tódolos sábados a cidade hispalense e alí despachaba co irmán que perante a semán atendía no seu despacho a quenes querían que lles fixera un favor o todo poderoso pesoita.

Logo seguíu: o Partido Popular ten algúns na cada, e outros empapelados a espera de xuizo. Bárcenas, ise mafioso, que está no cárcere e que non tirou da manta popular como era de esperar. O PSOE roubou a eito Roldán, Uralburo, Vera, etc e que o Felipe e Cia fixeron unha comedia ás portas do cárcere de Guadalajara. Unha verdadeira vergonza! Baltasar Garzón que ía pra ministro, logo prevaricou e foi apartado da xudicatura.

Na Andalucia de María Santísima hai douscentos imputados do PSOE e do seu sindicato a UGT, que se repartiron os cartos que viñan de Bruselas pra os parados. E un tal Guerrero tiña 80 mil euros debaixo do colchón e que ao lle preguntar os xornalistas a súa santa nai, respostou: "Mi hijo tiene dinero para asar una vaca". E que están imputados dous presidentes dá Junta -Chaves e Griñán-, dos que a Susana Díaz, que accedeo á presidencia endexamáis se presentou a uns comicios, e dí ao igual que Pedro Sánchez "que confían en su inocencia".

Falar de Urdangarin e de Cristina de Borbón da noxo. Como agora ponlle a guinda o ex-honorabel Jordi Pujol, cuia dona díxolle: "Tranquilo, que esto se olvida". Tiña razón Pascual Maragall cando foi presidente da Generalitat: "Ustedes -dirixíndose a Convergencia e Unió- Van al serrucho con el 3%", que quen esto escrebe coida que debeo pagar a un tanto por cento moito máis alto. E inda ten a desfachatez o Jordi de dicirnos "que no tuve ocasión en treinta y cuatro años" de nos dicir que tiña unha herdanza do seu pai en Andorra, e da que a súa irmá non tivo noticias. 

Eiquí na Galicia non se salvan nin o PP, PSOE e o BNG. E pregúntome: ¿Pero que está a pasar nista sociedade anestesiada, deshumanizada, pois esí imos nesta partitocracia pola que algúns loitamos noites e días? A saber...

Hai un proverbio árabe que dí: "Todo asemella pequeno e logo agrándase, solio a desgraza aparece meirande ao comenzo e despois comenza a facerse pouco a pouco pequena". Pois a ver se é certo, xa que logo o Mariano Rajoy durme a sesta coa soia preocupación de se lle cadran os números que a Ánxela Merkel e o FMI lle rodean e os seus votantes coa desilusión por bandeira. E lembro aquelas estrofas da miña xuventude coa afición pola tauromaquia que sempre tiven: "Manolete, Manolete, si no sabes torear a que te metes..."

Hai que pregarlle a Deus que as Españas se rexeneren e volten á política xentes honradas, xentes decentes...

Te puede interesar