Opinión

Podemos

Podemos está de moda como un movimento de extrema esquerda bolivariano, co seu líder cunha coleta como os antigos toureiros, e que lle pode -mentras exista, que seguramente vai ter unha vida efímera- ser o inimigo do PSOE, de UPyD e de IU.

Podemos ollar o panorama político das Españas, que é unha eira onde cada vez hai menos que mallar, pois os dous grandes partidos, PP e PSOE, están sen horizonte ideolóxico, inda que o Sánchez parece que se quere escorar máis a esquerda, co cal déixalle o centro ao PP que a pesares de que o Rajoy non ten carisma, e estanos a freír pra recuperar a economía que lle marcan dende Bruxelas, segue a liderar as enquisas, nas que o PSOE no levanta cabeza.

Podemos ser os ciudadáns algo máis comprensivos -os agnósticos e mailos ateos- cos misioneiros que deixan a súa vida en paises onde a fame mailas enfirmidades asolan a esas xentes ás que antes explotaron quenes os colonizaran e agora véndelle armas pra que se maten uns aos outros.

Podemos deixar de ser tan miserabels ao esixir que cando teñan que repatriar a un relixioso non pedir dende Podemos e dende a progresía de salón esquerdista que paguen o custo as congregacións relixiosas cuias xentes déixanse a vida, pois coidan que somentes terán o premio o día que vaian cara ese ceo no que cren e no que cremos moitos, inda que sexamos pecadores e non os axudemos cos nosos cartos a que desenvolvan unhas tarefas sanitarias, de promoción humana e tamén relixosa.

Podemos ser mellores todos nós eiquí niste val de bágoas que pouco dura en comparanza coa eternidade que nos agarda. Podemos e debemos facelo, ollando os cristiáns a Xesús de Nazaret naqueles que están a padecer, namentras nós, niste primeiro mundo, gozamos de riquezas que endaxamais ollarán outros semellantes.

Podemos, nunha palabra, ser menos belixerantes humanamente falando. Podemos non ser sectarios, falsos progresistas de salón. Podemos gardar un respetouso silenzo ante un home, Miguel Pajares, que deu todo o que tiña por quenes nada teñen e pouco esperan. Podemos...

Podemos soportar que o etarra Bolinaga -torturador e asasino- sega en liberdade, tomando txiquitos de txakolí que deben ser bós pro cancro, xa que logo puxérono en liberdade pois segundo os médicos tiña somentes nove meses de vida como moito.

Podemos ter moita paciencia con toda a corrupción que asola as Españas, etcétera, etcétera..., podemos. 

Te puede interesar