Opinión

Rajoy e Sánchez

Pasou o día, pasou a romaría. Hai dous galos nun corral: Rajoy e Sánchez. Os dous perderon milleiros de votos o 24-M. Máis ningún dos dous quere recoñecer o fracaso. Nin o batacazo do PP, nin a baixada permanente de votos do PSOE.

Rajoy xa cumpliu unha misión, pagar a ruina que Zapatero deixou no seu mandato. Mais a política non é somentes a economía, tamén é ser “Político” con maiúsculas. Ou sexa, saber acercarse aos cidadáns. E isto Rajoy non o sabe facer. Con estar a dicirnos que “xa se pagou a débeda, e que España é unha grande nación”, non chega á cidadanía.

Sánchez –o do sorriso permanente- non é o líder que necesita un PSOE que vai costa abaixo. Como o que enriba firma escribiu nestas páxinas o pasado mes de febreiro: “Cara onde vai o PSOE?”. Sánchez quere sacarse un ollo pra que o PP cegue. Cómo pode dicir un “demócrata” como Sánchez que o PSOE pode pactar con calquera menos co PP e Bildu? Isto dá a talla política de Sánchez, que non recoñece a corrupción maior da democracia, a dos ERE andaluces, e bótalle á cara ao PP os seus corruptos: Rato, Bárcenas…

Rajoy está encantado de se coñecer e Sánchez ten a Susana Díaz, que lle está a mover o sillón. Esí estamos, e o da coleta frotándose as mans.

Rajoy e Sánchez, Deus os crea e eles xúntanse. Por que non fan un goberno de coalición como fixo en Alemania a señora Merkel cos socialistas? Porque eles son alemáns e velan polo seu país, e eiquí somos cada un da súa casa, e mentres, a casa sen varrer.

Te puede interesar