Opinión

Santa e pecadora

Dende a miña militancia católica, apostólica, romana e compostelana, con 83 longos anos servindo –ou tratando a lo menos-, a miña igrexa. Debo dicir e digo que co escándalo protagonizado ultimamente no Vaticano por un crego do Opus Dei –como se fora doutra congregación-, o dano causado entre o Pobo de Deus e os que nos son creíntes foi moi grande. 

Este papa chegou das Américas co recelo dunha curia vaticana que, dende hai séculos, está composta maioritariamente por italianos, aos que non lles caeu moi ben. Xa a san Juan Pablo II pasoulle o mesmo. Mais iste papa, teranse fixado, sempre remata dicindo: “Recen por mí”. Por algo será… Está a desmontar a curia. Os dicasterios cambean de nacionalidade e Francisco está a gobernar coa axuda indispensable do Espíritu Santo e de nove cardenais de tódolos continentes, amosando así que quere que de verdade a nosa Igrexa sexa universal e non italiana.

Claro que a moitas das instruccións que dá aos bispos e cregos das respectivas dióceses e as congregacións e prelatura, pouco caso lle fan. Por poñer un exemplo, os que asistimos as eucaristías eiquí e acolá ollamos que nas homilías seguen sendo –salvo algunha excepción-, uns pelmazos, rebatindo o que lles dixo Franciso aos seus irmáns xesuítas ao comenzo do seu pontificado: “Basta de esas homilías interminables, horribles, que en xeral non din nada!”. Pois predicar en deserto, sermón perdido. E iste é un exemplo fácil de cumprir. Como van facer outras cousas máis complexas?

Mais temos a Igrexa Santa con maiúscula: a dos misioneiros. Á volta da súa viaxe por América preguntáronlle que lle parecía a Igrexa Iberoamericana, ao que Francisco respostou: “É unha Igrexa difícil, mais está viva”. Claro que eiquí na Europa temos en xeral unha Igrexa aburguesada, cómoda mais non difícil. E isto no primeiro mundo, cando onde inzan as vocacións é nas Américas, en África e ata China. Porque esta Igrexa Santa fai certo o que o Mestre de Nazaret díxo a aquil rapaz que aseguraba que cumpría os Mandamentos: “Vende todo o que tes. Colle a túa cruz e ségueme”. Por iso o escándalo do crego do Opus e a súa compañeira, inda tan recente, non pode ensuciar a laboura de miles de misioneiros que o deixaron todo e incardináronse cos lugareños aos que convirten, e fan medrar as vocacións que van ter que vir ao primeiro mundo a nos evanxelizar.

A Igrexa católica é máis santa que pecadora. E que Deus nos perdoe a todos. Tamén a ese crego do Opus Dei, que se consideran os elexidos cunha soberbia impropia do Evanxeo que predicou o Nazareno. Inda que como é pecadora, na nosa Igrexa –como di Francisco- “hai quen en lugar de servir e pensar nos demais, sérvese da Igrexa: son os trepas. Cantos cregos e bispos así estamos a ver e vimos?”.

Te puede interesar