Opinión

Sempre pulpo

Brilla, fija y da explendor" (RAE). Cando escomenzou a TVE a emitir un tempo dende a súa redacción de Galicia en Compostela, o corresponsal en Ourense era un xornalista de La Región, nado en San Pedro de Moreiras (Toén): Luis Padrón. Eu chameino pra o felicitar polo ben que falaba o noso idioma. Padrón respostoume: "Mira, Manolo, eu falo o galego das nosas leiteiras de Moreiras". Claro, o galego que soupo conservar o pobo soberano, sin o cal hoxe non se falaría.

Os normativizadores escomenzáronlle chamando á TVG o Televexo, que durou o que un pastel á porta dun colexio. Levan atentando tanto -uns e outros- sobor do noso idioma que inda non sei como se conserva. E lembro que comprando o pan en Moreiras, no forno do Sabucedo, había un fato de mulleres, todas ben entradas en anos. E ao saír despedínme de coña decíndolle "grazas". As mulleres ollaron cara min, que se cos seus ollos podéranme asasinar xa estaría no Alén.

Faría falla unha páxina enteira pra pór as barbaridades que lle incorporaron o noso idioma. En Combarro, na ría de Arousa, din algúns polbo. Mais o común das nosas xentes sempre lle chamaron pulpo, con razón ou sin ela. E agora a nosa Real Academia da Língoa sentencia que hai que escreber e dicir polbo. Pois meus respetados señores/as, esí nin "brilan, nin fixan nin dan explendor".

"Entre todos la mataron" -ao noso idioma- e íl soio vai morrer. E asemade, señores académicos, e que a vostedes vailles pasar co pulpo como ao papa Francisco, que a meirande parte dos cregos e bispos, que non lles van a facer caso. Sempre pulpo.

Te puede interesar