Opinión

Tiranos

No século pasado houbo dictaduras atroces. Nós padecimos a do xeral do Ferrol; Portugal, a de Oliveira de Salazar; Italia, a de Mussolini. E despois a dos dous monstros: Hitler e Stalin.
A de Franco tivo dúas épocas. A primeira dura, de fusilamentos que o xeral firmaba mentres os españolitos botabamos horas nas colas do racionamento. Logo xa foi unha “dictablanda”, onde se podía escribir con metáforas. E había unha excepción, o Montejurra navarro onde se xuntaban milleiros de carlinos, do que a imprensa sempre dicía que faciamos un Via Crucis, que era certo, e que despois xantabamos na campa ao pé do Monte Santo. E tal era a noticia nos xornais, que ata un ano que choveu a Deus dar, puxeron o mesmo do ano anterior.


No Portugal irmán, Salazar non deixaba nin emigrar aos lusitanos, e tiña a PIDE (a policía política), que era un estado dentro doutro estado e que perseguía con saña. Mussolini non foi tan carniceiro, e fundou o fascismo no que se inspirou Primo de Rivera. O Führer foi un verdadeiro monstro, asesinando a millóns de xudeos e non xudeos, e coa Segunda Guerra Mundial levou ao desastre alemán. Un tolo iluminado que accedeu ao poder polas urnas nunha Alemaña decadente.


E deixo para o final ao tirano ruso, que non tivo reparo en fusilar a máis de seis millóns de persoas. E en facer cambiar a outras dos pobos onde naceran a outras repúblicas soviéticas. Lenin predicara, xa que era o ideólogo, aquela frase que aínda hoxe din os que profesan as ideas do comunismo non democrático: “Aos homes a violencia, e ás almas a mentira”. Pois ben, leo o poema do escritor cubano José Manuel Prieto, que expresa exactamente o que o “Papaíto Stalin” fixo na URSS: “Vivimos sin sentir el país a nuestros pies,/ nuestras palabras no se escuchan a diez pasos./ La más breve de las pláticas/ gravita, quejosa, al montañés del Kremlin./ Sus dedos gruesos como gusanos, grasientos,/ y sus palabras como pesados martillos, certeras./ Sus bigotes de cucaracha parecen reír/ y relumbran las cañas de sus botas./ Entre una chusma de caciques de cuello extrafino/ él juega con los favores de estas cuasipersonas./ Uno silba, otro maúlla, aquel gime, el otro llora;/ sólo él campea tonante y los tutea./ Como herraduras forja un decreto tras otro:/ a uno al bajo vientre, a otro en la frente, al tercero en la ceja, al cuarto en el ojo./ Toda ejecución es para él un festejo/ que alegra su amplio pecho de osetio”.


Coido que ninguén reflexou mellor a Joseph Stalin. Que Deus libre ás Españas de salvapatrias, que xa din que van queimar as igrexas como no 1936.
P.D.: Agora veu un sarampión antitaurino-antiespañol. Eu endexamais os ollei nunha manifestación contra os asasinos de ETA. Hemingway, Marañón, Pérez Ayala, Valle-Inclán, Camilo José Cela loubaron a festa. Non eran uns calquera…

Te puede interesar