Opinión

Uns e outros

Si, uns e outros. Por unha banda os de ETA e pola outra a UPG. Os primeiros están a saír do cárcere, os asasinos etarras, moitos sen cumplir as condeas que lles foran impostas no seu día. Urrusolo Sistiaga, o asasino que fora condeado a catrocentos anos e que somentes cumpliu dezanove. Felipe González dixera logo dun atentado terrible: “Vanse pudrir no cárcere cando os collamos”. Non ten dotes de adiviño o que fora presidente do Goberno de líder do PSOE.

Agora saiu o “mandeliña”, Arnaldo Otegui “el Gordo”. “Un home de paz”, según dixo Zapatero. Otegui, terrorista que ata secuestrou e dirixiu a banda asasina, que agora é recibido en olor de multitudes, e que quere ser dentro duns anos o lendakari vasco. “Cousas veredes, amigo Sancho”.

¿E por que deixaron de matar os de ETA? Porque Patxi López, hoxe presidente do Congreso dos Deputados, con Eguiguren –que maltratou á súa dona-, e polo pacto que o nefasto Zapatero, en Loyola (Vizcaya), ofreceu “unha saída pactada”. Deixar de matar pra ser legalizados como partido político e se poder presentar aos comicios. Inda que o PNV e Podemos rebasounos nas eleccións vascas. Claro que os da coleta teñen no seu programa os referendums vasco, galego e catalán.

E eiquí na nosa Galicia, que conmemora os 130 anos do nacemento de Alfonso R. Castelao, está o Bloque Nacionalista Galego, que segue pilotado polos upegallos. E que vai seguir a sangría de que fuxan moitos que estaban con iles: o grupo de Aymerich, Anxo Quintana…, que gostarían dun BNG máis aberto e non tan pechado como o que desexa a UPG. Xa que istes últimos teñen medo a se contaxiar polas Mareas, pois hai españolistas como Esquerda Unida e Podemos. Pois, ou moito me equivoco, ou vanse ir tomar o fresco, iles soios: os purasangues galegos. Como se os demais que amamos á nosa Terra non foramos galegos de nación! Que asemade fai moito que exercemos.

P.D.: En Podemos xa escomenzou o desentendemento. Íñigo Errejón enfróntase a Pablo Iglesias. Carolina Bescansa, que casara na Catedral de Compostela e tivera o banquete no Hostal dos Reis Católicos, relega ao da coleta pra impor a Irene Lozano. Pois como dixera o alemán Konrad Adeanuer, na vida “hai enemigos, enemigos mortais e compañeiros de partido”. E inda non tocaron pelo, pois cando o fagan apareceranlle a Pablo Iglesias os compañeiros do partido espetándolle: “¿Qué hay de lo mío?” 

Te puede interesar