Opinión

A voltas co aborto

El PSOE vuelve a donde solía. Si, os socialistas -homes e mulleres- están nunha "cruzada" contra o proxecto que presenta o Partido Popular que quere modificar a lei que fixera Zapatero. O de "interrupción do embarazo" é un eufemismo socialista pra non falar do aborto. Ou sexa, da aniquilación (as cousas hai que lle chamar polo seu nome) dun ser iñocente no ventre dunha muller. E todo iso porque non teñen programa e queren distraer a atención dos centos de casos de corrupción que fixeron os socialistas e o seu sindicato UGT. Claro que niste tema o PP ten moito que rascar.


Escribira o grande Miguel Delibes: "Antaño, el progresismo respondía a un esquema muy simple: apoyar al débil, pacifismo y no violencia...". ¿Non é o aborto unha agresión irreparable a ecoloxía humán, algo que se opón ás leises da natureza? ¿É progresista que se segan producindo moitos casos de acoso laboral por embarazo e maternidade, un acoso laboral que somentes poden sufrilo as mulleres e do que non se fala?


¿Por qué ningún tratado internacional suscrito polas Españas recoñece o aborto como un dereito? ¿É progresista que o gasto público en abortos supere nas Españas os vinte millóns de euros, nun momento de restriccións presupostarias por parte das administracións?


As abortistas din que elas fan co seu corpo o que queren. Mentira, xa que logo cando entran nun hospital son os médicos os que fan cos corpos das mulleres e dos homes o que cren convinte. E a min dicíame un xinecólogo que por que non se lles explica a xente cando os que practican o aborto van sacando pola vaxina das mulleres primeiro unha perna, logo a outra, despois un cacho de corpo e, ao final, a cachola do feto que ten vida e é un ser humán, non como dixera unha inefable ministra do PSOE que "no ventre das mulleres o que hai non é un ser humán".


O Concilio Vaticano II afirmou que o aborto é un crime. Claro que as pesoístas e os pesoístas, como non creen en Deus, pois impórtalle unha figa o que diga a Igrexa católica.


Hai que defender a vida dende a súa concepción e tamén a de quenes cometeron un crimen, un atentado terrorista, aos que non se lle pode aplicar a pena de morte, e ás mulleres que abortan, non se poden castigar. Pois síntoo moito, pro quen enriba firma impórtalle tamén unha figa que o tachen de reaccionario.

Te puede interesar