Opinión

¡VOLVE O PSOE!

Logo da travesía do deserto, volve o PSOE. Ou eso dín os socialistas, logo da conferencia que tiveron en Madrid. No Partido Popular están 'encantados', máis cunha hipocresía que asusta... Xa que logo din que non é bó que se escoraran á esquerda.¡Pro si están encantados de que se radicalice e se escore á esquerda, e lles deixe o centro ao PP!


O PSOE voltou, ¿é que fuxira? ¿Cara onde? Ru-balcaba non o dixo. E o Ramón Jáuregui, que desexa rachar con todo o que sexa a Igrexa Católica, Apostólica e Romana, dí que o PSOE é unha organización aberta. Si, aberta en canal.


Vexamos brevemente o programa que nos van presentar cara os comicios dentro de dous anos.


1) Nada de acordos coa Santa Sede. ¡Faltaría máis! ¿Verdade Paco Vázquez?


2) Respeto á Corona, que foi acordado con berros de ¡fora!, ¡fora! ¿Pro non foron tan amigos o Felipe González de Juan Carlos e do Zapatero, do que dixo o xefe do Estado: 'Es un político muy inteligente y que sabe muy bien lo que quiere'. Arrenégote demo co intelixente que foi o Zapatero.


3) Primarias abertas. Si, como as que fixeron en Andalucía onde non roubou o que non poido. Pois a nai do señor Lanzas dixo: 'Mi hijo tiene dinero como para asar una vaca'.


4) Os parados e as rentas baixas exentos do IRPF. ¿Pro é que van a seguir co PSOE os parados? Terrible duda.


5) A Igrexa Católica terá que pagar o IBI e peligra a 'casilla' IRPF.


6) Os procesados porán os seus cargos a disposición do partido. Pois que vaian facendo cola...


7) A sanidade e a protección social crearán fondos de garantía.


8) Indultos, endexamáis en casos de corrupción. Pois tamén van facer cola.


9) Derogación da reforma laboral e cambeos na Ley do Aborto. Ou sexa, aborto libre.


E logo das primarias, igoal sae de novo o Ru-balcaba, xa que logo o Chaves dixo que era o mellor candidato. E Rajoy frotándose as mans: 'Ni contigo, ni sin ti/ mis penas tienen remedio./ Contigo porque me matas,/ sin ti porque me muero'.


Volve o PSOE, ou sexa, todos a xirar á esquerda, que o PP quedarase co centro, inda que coa súa hipocresía digan o contrario.

Te puede interesar