Opinión

Vostedes enténdeno?

No Partido Popular vasco dimite su xa expresidenta, Arantza Quiroga, por dicir nunha moción no Parlamento vascongado que “hay que rechazar a ETA”, mais os populares alaveses non están conformes e dinlle que tiña que ter dito “condenar” e non “rechazar”.

E no PSOE é Susana Díaz a que lle anda a mover a silla a Pedro Sánchez, o do sorriso permanente, pois xúntase con Rodríguez Zapatero (lémbranse diste personaxe?). E di a líder andaluza con aspiracións a liderar o PSOE nacional que “Zapatero es una persona de principios” –eu engadiría de finais, “y valores, valiente, solvente, preparada, generosa, de sólida formación y con una rica y amplia experiencia”. 

Leron vostede ben. Ou sexa, o mesmo home que lle pediu aos países que combatían contra o que hoxe é o Estado Islámico que retiraran as forzas militares, como el fixo. Pois daquelas augas, estes lodos… E chamarlle solvente, preparada, generosa, de sólida formación y de rica experiencia… Señora Susana Díaz, que Deus lle conserve a vista, que falla lle vai facer.

E non saímos do PSOE, aínda deixando a un lado o das listas ourensanas, que teñen o seu “glamour”. Pedro Sánchez fai unha fichaxe, como nos equipos de fútbol, da que foi o azote de socialistas e populares, Irene Lozano de UPyD de Rosa Díez, quen lle dixera que este país necesita unha rexeneración: “PSOE y PP representan el pasado, lo que ya no es útil a los españoles, la sociedad ha dicho basta”. E agora ficha polo PSOE de Pedro Sánchez para rexenerar a política.

Vostedes enténdeno? “Ay, mardito parné, que por tu curpita dejaste al gitano que fue tu querer…” Xa din os nosos paisanos que “a política e esa señora tan poucas veces decente”. Outro día escribiremos do PP, onde tamén hai moita tela que cortar.

Te puede interesar