Opinión

Xa o dicía eu...

Si, xa o dicía eu fai pouco tempo nun opúsculo que fixen sobor do Opus Dei -"Unha Igrexa dos ricos pra os ricos"-. Esta xente quere ser sempre "progre" e resulta que nun colexio do Opus en Barcelona, segundo destaca La Región do venres 28 de febreiro, unha abortista que tivo responsabilidades políticas da Generalitat deu unha conferencia na que falou a favor do aborto e das relacións sexuales da xente nova.

Segundo afirma Escrivá de Balaguer, Marqués de Peralta, que Deus o teña na súa gloria, no punto 25 de "Camino", a Biblia do Opus Dei, afírmase: "O matrimonio é pra clase de tropa e non pra o Estado Maior de Cristo".

Ou sexa, que o Sacramento do Matrimonio somos unha "tropa". ¿Pódese ollar eí unha apreciación peiorativa do matrimonio? Escrivá de Balaguer dixo que "iso é o que ensinou a Igrexa sobor da excelencia e o valor sobrenatural do celibato apostólico".

¿Pro non quedáramos que a Sagrada Familia foi onde naceu Xesús de Nazaret. Onde se educou e traballou como carpinteiro ao carón de seu pai San José? Pois segundo este santo aragonés -dende logo hai cada santo que espanta- a cousa non foi esí.

¿E o aborto non é un crimen segundo dictaminou o Concilio Vaticano II? Pois esí anda esta xente secretista e santa, segundo eles. ¡Qué o Deus Misericordioso os perdoe, e nós tamén!, xa que logo se non o fai -que o fará- o inferno como dixera Fraga Iribarne está cheo de boas intencións.

Te puede interesar