Opinión

Xa volven

Estes son como as anduriñas. Volven e volven. Pedro Sánchez, o do sorriso permanente, sabe facer algunha outra cousa? Di que se chega á Moncloa a súa prioridade é establecer un Estado laico nas Españas. Eliminar do currículo a asignatura de Relixión. Revisar os acordos entre o Estado e a Santa Sede. Que fixo o PSOE polos traballadores mentres gobernou? Pois levar os vellos como fai a dereita a Torremolinos ou Benidorm, seguimos coas dúas pagas extras que deixara Franco, Nadal e o 18 de xullo, e pare vostede de contar.


Tivo que saír Paco Vázquez (que pinta este no PSOE?), dicindo: “É unha enorme torpeza fruto da iñorancia ou do sectarismo abrir un problema que non existe en ningún país da Europa. Xa que logo, esta proposta crispa a convivencia en lugar de aglutinar a tódolos cidadáns”. E engade: “Pedro Sánchez está deslexitimando a tódolos gobernos do PSOE. Esquécese de agradecer á Igrexa o que está a facer nestes anos de crise”. Cantos milleiros de comedores de Cáritas dan de comer de cotío aos españolitos que non teñen un cacho de pan pra levar ás súas casas? Eso cálao o do sorriso permanente, pois como dixera Fraga: “España es diferente”.


Bo programa electoral don Pedro, imos frescos no caso de que gañe. Eiquí non hai un político que discurra en beneficio dise pobo que somos, e esí nos vai.
P.D.: Por que calan os esquerdosos no tema de Catalunya, que cando Companys no 1934, en plena república de traballadores, plantou un cañón con varios soldadiños e proclamou o Estado catalán? Espero que non faga o mesmo Rajoy, porque os independentistas cataláns vanse cocer na súa propia salsa. Ao tempo! E mentres Mas e Cía. queren a independencia no XXI, os mouros, con perdón, matándonos coma coellos.

Te puede interesar