Opinión

De Celanova a Compostela para atender aos peregrinos

Altar maior de Celanova.
photo_camera Altar maior de Celanova.

Seguindo o fío da historia do camiño portugués por Celanova, e dos Fitos determinantes do Camiño de San Rosendo onde destacan a presencia das primitivas protectores militares (Templarios, Hospitalarios de Xeruralén e Cavaleiros de Cristo), atopamonos importantes documentos que acreditan o culto ao apóstolo nestas terras. Está documentada, na Celanova Ilustrada y Anales de San Rosendo de Benito de la Cueva1, que no ano 895, o rei don Alonso o Magno quixo tomar a cidade de Coimbra e encargoulle ó avó de Rosendo Guterres e seu capitán xeral, Hermenexildo Menéndez e ó fillo deste e pai de Rosendo, Gutier Menéndez, a operación militar, xunto con outros capitáns galegos, da que saíron vitoriosos. Agradecido o rei por tan importante logro, “dándole victoria contra los moros de Coimbra por intercesión del Apóstol Santiago, fue a Compostela acompañado de sus capitanes y caballeros a dar gracias a Dios y al santo Apóstol en su Iglesia”. Facendo esta ofrenda o 13 de decembro daquel ano, [895] día no que se celebraba a Traslación do corpo do Apóstol.

No mesmo documento consta a doazón de vivendas para monxes de Celanova, no ano 1061. O Rei don Fernando, “hizo merced a Celanova y a su Abbad Don Ariano de unos palacios de Santiago con una heredad cerca de ellos”. (…) “los palacios de la condesa doña Adroacia con su heredad para que los monjes de Celanova tengan posada, cuando fueren a Santiago, y para que de los Palacios se haga hospital, donde los monjes de Celanova hospeden y abriguen los pobres que van a aquella ciudad a visitar al Santo Apóstol”.

“No es pequeña loa para Celanova que sus monjes hayan sido hospitaleros desde estos tiempos, y que hayan dado principio a un hospital tan principal como el Real de Santiago”.

Neste relatorio non pode faltar que foi un celanovés, Mauro Castellá Ferrer, militar e escritor (Celanova, Galicia 1567-Madrid 1612), quen axudou a consolidar o voto do apóstolo coa sua biografía Historia del Apostol de Iesus Christo Sanctiago Zebedeo Patron y Capitan general de las Españas, publicada en 1610 en Madrid. Castellá, santiaguista entusiasta, recolle en máis de 500 páxinas esceas, pezas e iconografía en favor da causa xacobea.

Tampoco pode pasar desapercibida a figura do Pertigueiro: “Proveya la casa de Celanova un cargo é lo que se entiende instituydo por San Rudesindo, (comenzaría en algún hermano, ó deudo suyo) muy honroso, que se intitulava el que le tenía Pertiguero y justicia mayor del Estado de Celanova, como el Pertiguero Mayor de Santiago”.

Máis alá das fontes documentais, é numerosa a toponimia relacionada co apóstolo Santiago e con San Rosendo ao longo do camiño. As súas devocións están presentes en igrexas, capelas e festas patronais, espalladas por todo o territorio. As cruces Templarias e as dos Hospitalarios de Xerusalén, aparecen con frecuencia nas igrexas, capelas e mosteiros do camiño de San Rosendo.En determinados camposantos, coma no da igrexa románica de Serzedelo, hai varios sarcófagos e lápidas funerarias coa cruz en forma de espada, que a ben seguro, son templarias, dos Hospitalarios ou Cavaleiros de Cristo. Tamén a estrutura de varias igrexas, semellan ser ao mesmo tempo lugar de culto e baluarte defensivo. O estudo dos numerosos escudos, que se conservan no entorno do Camiño de San Rosendo, é fundamental para establecer a relación entre o itinerario e os propietarios do territorio por onde transcorría.

Os libros parroquiais, ten información dos falecementos desde finais do século XVI ou comezos do XVII, un estudo desta fonte documental debe aportar información moi valiosa desde diferentes ángulos: procedencia, apelidos, idade ou xénero. Nas freguesías onde temos documentados hospitais, con maior certeza encontraremos estes datos.

Por o que foi, por o que queda e por o que está chamado a ser, temos a obriga de estudar, coidar e engrandecer este tesouro, que máis ca unha herdanza, é un préstamo dos nosos fillos, netos e bisnetos, aos que debemos entregar con máis valor.

Te puede interesar