Opinión

Obama e o racismo

Escribín eu neste recuncho hai meses que o principal perigo de Obama nas eleccións norteamericanas era o racismo latente naquel país. Pois oxalá nos equivoquemos, pero unha enquisa on-line realizada aló amosa que ‘o 40 por cento dos votantes brancos ten unha visión parcialmente negativa dos afroamericanos. Aceptaban nese traballo adxectivos despectivos cara os negros como ‘violentos’, ‘preguizosos’, ‘irresponsábeis’, etc. Iso afectaría tamén ós votantes demócratas e por iso Obama non dá arrincado nas proxeccións de voto. O comentarista Ben Smith dixo que ‘aquí hai xente que non votaría por un home negro aínda que viñese camiñando sobre as augas da man de Cristo e Moisés’. Tamén é certo que a crise económica podería axudar ó candidato demócrata, pero nos tempos duros aínda medra moito máis o racismo. En fin, oxalá nos equivoquemos, repito.



Te puede interesar