Opinión

PAN POR PAN

Os Beatles vixiados. Perto de Londres, nos arquivos de Kew Gardens, consérvanse unha chea de informes reservados sobre os Beatles entre 1964 e 1972. Acollen dende documentación diplomática sobre as súas xiras ata esculcas da Policía ou de funcionarios de Facenda. Con temas diversos: dende unha moza fan que lle cortou coas tesoiras unhas guedellas do pelo a Ringo e denuncias do consumo de drogas ata as litografías eróticas de Lennon e Yoko Ono requisadas en 1970. Un investigador recuperou este material e descubriu que os guedelludos da banda de Liverpool foron vixiados polo goberno británico durante anos. Estas novas xa non me sorprenden: hai anos sóubose que a CIA pagou campañas a favor da arte abstracta. Pero si imaxino a cara dalgún funcionario gris que durante anos gozou en solitario coa chave secreta destes chismes: o Gran Irmán sempre presente.



Te puede interesar