Opinión

PAN POR PAN

Xesús R. Jares. Souben a nova por unha nota necrolóxica neste xornal: nacera en Viana do Bolo, hai 53 anos. Lembro que alí impulsou a Agrupación Cultural Os Nemetanos e tamén o nacionalismo popular de ERGA e da AN-PG: coñeciámonos de vello, hai máis de 30 anos. Falo de Xesús R. Jares, falecido o pasado sábado en Vigo. Unha grave enfermidade non logrou derrubar o seu espírito nestes anos, de seguro tan duros: no 2005 presenteille no Liceo o seu libro ‘Educar para la verdad y la esperanza’: tan fermoso título sintetiza con acerto toda a filosofía que conduciu a andaina vital de Suso Jares. Foi un nome fundamen tal na historia da pedagoxía, da renovación educativa e dos movementos de Educación pola Paz. Todo iso é moi importante, pero por riba de todo foi unha excelente persoa. Por iso escribín no meu blog: ‘Vanse os mellores’. Unha aperta para os seus familiares e amigos.

Te puede interesar