Opinión

PAN POR PAN

O lobo. Emiten en TVE, na Dúas, unha interesante reportaxe sobre a sorte do lobo. Xa saben, é unha especie en vías de extinción. Xa na época de Carlomagno, na Alemaña organizaban cacerías masivas para exterminalo naquelas paisaxes. As Igrexas colaboraron na carnicería presentándoo como unha besta satánica. Hoxe a súa sorte é moi diferente nas zonas onde quedan algúns milleiros de exemplares. Hai bastantes en Rusia, pero carecen de toda protección legal e son cazados con saña e todo tipo de armas e trampas. Si están protexidos en Romanía: o documental ofreceu imaxes dunha cidade romanesa na que un lobo entraba de noite, todo pancho, a rebuscar no lixo; tamén o facían os osos. En fin, o lobo ten os días contados. A cambio metemos nas nosas casas os cans, os seus descendentes. Ós humanos encántanos domesticar todo. Nós mesmos xa estamos moi domesticados.

Te puede interesar