Opinión

Pan por pan

Lobos, cans, raposos. Tres animais da mesma familia con simboloxías ben diferentes. Os lobos no mundo cristián simbolizan a crueldade, devoradores das ovellas que rexeitan a protección do Bo Pastor. Pero, noutra dirección, foi unha loba quen aleitou a Rómulo e Remo, fundadores de Roma, onde simboliza o coidado materno. O raposo representa o engano e a astucia: pensen nos contos populares; tamén a sabedoría instintiva para os indíxenas de Norteamérica. E os cans? A lealdade, a vixilancia, o valor, o coidado da casa, o vento e o lume, a masculinidade e o sol; nas tradicións celtas tamén o poder da cura ción. A fidelidade é o seu paradigma e os exipcios e gregos pensaban que compartían a vida de ultratumba dos seus amos e con eles os enterraban. E un chacal simbolizaba en Exipto o gardián dos mortos: Anubis, encargado de levalos ata Osiris, gran xuíz e señor dos ceos e do inframundo.

Te puede interesar