Opinión

PAN POR PAN

Alberto Vázquez Lingua e hispanos. Un xornal de Madrid publicaba onte unha ampla reportaxe sobre a situación do español nos Estados Unidos. Achegaba datos valiosos. Por exemplo, que EEUU é xa o segundo país do mundo en hispanofalantes e que no 2050 pode ser o primeiro, por diante de México. Xa hai 45 millóns de español-falantes censados, sen contar a inmigración ilegal. Alégrome polo español dos hispanos e porque esta, para min segunda lingua, non corre ningún perigo de desaparición. Nin alí nin aquí. O informe completábase cun artigo de Elvira Lindo, menos optimista. Dicía esta escritora que a segunda xera ción de hispanos ten vergoña de usar o español e fala un inglés impecable estudado na escola. E que a sorte do español aló depende dos mozos e do apoio, dándolle prestixio, dos medios de comunicación. Non lles soa a música? Non é iso unha diglosia semellante á que aquí padece o galego?

Te puede interesar