Opinión

PAN POR PAN

Gústache ler? A Fundación Caixanova organiza, como outros anos, unha serie de obradoiros literarios a desenvolver en varias cidades galegas. En Ourense vaise celebrar un dos primeiros, co título ‘Obradoiro de lectura Gústache ler?’, en cinco mércores, dende o 22 de outubro ó 19 de novembro. Traio aquí esta nova por dúas razóns: primeiro, porque coñezo, dende amizade de vello, ó seu poñente, Ramón Nicolás, un dos críticos literarios máis serios deste país e podo testemuñar dos seus moitos saberes ó respecto. En segundo lugar, polo atractivo do programa, que se abre a toda a historia da Literatura Universal, hoxe ausente dos currículos escolares, e revisará o papel dos clásicos, esculcando na obra de autores como Homero, Dante, Kafka, Dostoievski, Chejov, Stevenson, Dickens, Faulkner, Nabokov, Víctor Hugo, Proust, Cortázar, Vargas Llosa, etcétera. Paga a pena apuntarse.



Te puede interesar