Opinión

PAN POR PAN

Maternidade. Dende cativos recibimos unha mensaxe subliminal: o home, centro do universo e dominador da natureza. Por iso os antigos imaxinaron os seus deuses como humanos e nos contos inventamos animais con xeitos antropomórficos. O certo é que o mundo animal rexistra as mesmas condutas que a especie humana. Fala un documental (TVE-2) das nais adoptivas e dos fillos criados por elas: nalgúns casos, como o cuco, trátase dun engano e a nai adoptiva, polo fenómeno da improntación, non o percibe: coida da cría pensando que é a súa. Pero velaí o macacus rhesus, cun poderoso instinto de materni dade: tanto que algunhas femias secuestran as crías doutras, ás veces provocando a súa morte porque non teñen leite. Como Rebecca de Mornay en ‘A man que mexe o berce’, máis ou menos. E vemos unha femia cunha cría colgada, que xa leva días morta: hai moitos centros no universo.



Te puede interesar