Opinión

PAN POR PAN

Carel Fabritius Menores e delito. Que pracer poden encontrar uns rapazotes en coller unha indixente indefensa que dorme no caixeiro e plantarlle lume? Iso é o que se debería pescudar no xuízo que se celebra estes días, pero a linguaxe xurídica non ten os recursos necesarios para explicar a banalidade do mal. A fiscalía de Cataluña pide medidas para imputar penalmente ós menores de 16 anos. Argumenta, e por desgraza é verdade, que hai rapaces de 14 ou mesmo de 12 anos que cometen delitos graves ou que son usados polos adultos para a delincuencia habitual. Sabendo que son impunes porque a Lei ampara ós menores de ida de. O problema non ten solución doada e non sei se pode solucionar rebaixando a idade penal: os especialistas debería debater ó respecto. Pero si sei que unha sociedade con cativos de 12 anos delincuentes ten un grave problema. Que é unha sociedade enferma. E necesita un diagnóstico urxente.

Te puede interesar