Opinión

PAN POR PAN

Novela negra (e 3).


Se viaxamos á percura das raíces da NN, encontramos a Edgar Allan Poe, mestre do relato curto, creador da novela policíaca, precursor da de ciencia ficción. Na súa propia vida, no seu temperamento romántico, nas súas relacións coas mulleres, na ausencia da nai, están as chaves ocultas do mundo deste mestre, e diso escribe Ania Justo Alonso no volume que comentei estes días sobre ‘Novela negra e saúde mental’ (AGSM). Tamén ten moito zume a intervención doutro autor galego do xénero, Xoán Ramón Díaz. Que nos lembra, por exemplo, que o doutor House non é máis que un trasunto de Sherlock Holmes e que o espírito da NN xa estaba presente na Biblia (dende logo na súa violencia desmedida) ou en obras como A Esmorga, Macbeth ou Luces de bohemia. Descenso ós infernos, esforzo de desalienación: dúas definicións ben axeitadas para este universo negro.

Te puede interesar