Opinión

PAN POR PAN

Nacionalismo e benestar. Nos últimos tempos houbo unha modulación da linguaxe no Bloque. Cando Anxo Quintana fala de nacionalismo de proximidade ou dunha ‘nova fronteira’ kennedyana, o seu discurso arrédase do resistencialismo antisistema doutros tempos. Onte, nun xornal de Madrid, o vicepresidente da Xunta afirmaba que o nacionalismo só ten sentido se crea benestar, declaración impecable. Pero este discurso ten limitacións na procura de novas bases sociais. Nunca convencerá ós sectores hostís ó galeguismo, que renegan da nosa lingua, nin vai satisfacer ós que agardaban do BNG no gober no un rol máis comprometido cos cambios radicais que antes se demandaban. Supoño que Quintana bota as redes nos únicos caladoiros onde el encontra peixe. Nas enquisas sobe o voto BNG no mundo rural. Nas cidades é outra cousa, hai problemas de comunicación coas xentes.

Te puede interesar