Opinión

PAN POR PAN

Da nosa cultura hoxe. Como di o amigo Apicultor, ante calquera análise da realidade un pode ver botella medio baleira ou medio chea: cuestión de perspectiva, carácter, individualidade. Pero no noso presente cultural hai moitos sinais para o optimismo. Velaí, nestes días: os Premios Nacionais a Xusto Beramendi e a Agustín Fernández Paz; o éxito en Francia de Manuel Rivas con L’éclat dans l’abîme (Os libros arden mal); o encontro en Compostela do Pen Club galego con escritores de todo o planeta. A nosa cultura é a nosa mellor tarxeta de presentación no mundo e o substrato que lle dá sentido á nosa identidade, un valor nada gratuíto na globalización. Algúns non o ven así e rexeitan con hostilidade calquera pulo de galeguización. Quizais polo que dicía nunha entrevista Anxo Tarrío: hai xente que prefire ser madrileña de terceira antes que galega de primeira.

Te puede interesar