Opinión

PAN POR PAN

Unha imaxe. De desoladora hai que cualificar a imaxe que ofrecían onte os telexornais: en pleno debate dos presupostos faltaban case trescentos deputados no Parlamento de Madrid. Xa sei que os nosos deputados traballan moito, que seica teñen que ir ás comisións cando non están a currar nos seus despachos. Non poño iso en dúbida. Pero hai que coidar as formas. Porque un Parlamento sen deputados é como un hospital sen médicos e enfermeiras ou unha escola sen profesores e nenos. O labor político, ademais, é voluntario: a ninguén lle obrigan a presentarse nunha lista electoral, pola contra adoita haber tortas para entrar nelas. Dicía Julio Camba que a preguiza é un vicio moito máis caro que os langostinos e que hai homes que, de non ser dominados pola preguiza, serían varias veces millonarios. Non se refería nesa ocasión ós políticos o xenial xornalista, pero a min acordoume agora a cita.



Te puede interesar