Opinión

PAN POR PAN

Dereitos Humanos. O 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobaba en París a Declaración Universal dos Dereitos Humanos: 60 anos despois, tan relevante efeméride será lembrada por asociacións e institucións de todo o mundo.E segue vixente, como horizonte de moitos Estados do mundo onde os seus artigos seguen a ser aínda un soño de liberdade e democracia. Se pensamos nos inxentes progresos realizados nestes 60 anos no campo das ciencias, a tecnoloxía ou medicina, non podemos menos que sorprendernos: o noso propio vocabulario é tamén novidoso (Internet, ADN, células madre, etcétera). Pero outra cousa é o progreso moral do ser humano: neste terreo mantéñense horrores doutro tempo que a Humanidade non logra botar atrás, Guantánamo incluído. Haberá logo que seguir a recitar: ‘Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes’.



Te puede interesar