Opinión

PAN POR PAN

Baudelaire. Cando Eduardo Blanco Amor marcha a América, leva na maleta, contouno el mesmo varias veces, os exemplares de ‘La Centuria’ e un volume de ‘Les fleurs du mal’, de Baudelaire. Naquela altura, 1919, o poeta francés era cita habitual na xeración de ‘La Centuria’ e tamén o sería para os homes de Nós. Conta Gonzalo Allegue que era na casa de Primitivo Rodríguez Sanjurjo onde Risco comentaba os libros de Rubén Darío, Eugènio de Castro, Verlaine, Mallarmé, D’Anunzio, Maeterlinck e Baudelaire, como os sete grandes Risis da India. Con Blanco Amor escoitaban Xavier Bóveda, Eugenio Montes, Fernández Mazas e outros mozos modernistas. No 2007 a cultura francesa celebrou o sesquicentenario de ‘As flores do mal’. Agora, Galaxia ofrécenos a versión galega e anotada deste poemario, da man de Gonzalo Navaza, toda unha xoia que prestixia e engrandece a nosa cultura.



Te puede interesar