Opinión

PAN POR PAN

Miro Casabella. Chega ás librarías o volume de Xan Fraga, Miro Casabella e a Nova Canción Galega, editado con xeito por Galaxia. Un libro reportaxe que recupera un fermoso patrimonio documental de fotografías, carteis, portadas de discos, etc. Xan Fraga esculca na historia de Voces Ceibes, coa pegada tan relevante das visitas de Raimon, e na biografía de Miro, xograr do noso tempo, con actuacións en Barcelona, Madrid, París e en toda Galicia. Achéganse datos sociopolíticos de interese, dende o papel da policía e da censura (argumento adiantado xa nun artigo de Grial) ata as dificultades legais para rexistrar unha das súas fillas co nome de Eusenda. Hai tamén espazo para outras voces en galego, tan diversas como Amancio Prada, Andrés Do Barro e Juan Pardo. Aínda que só fose pola súa canción ‘O meu país’ (1972), con letra de Xoán Manuel Casado, Miro ben merece este fermoso libro.


Te puede interesar