Opinión

Pan por Pan


Conspiración. Cando o cine era algo máis que un laboratorio de efectos especiais, as pantallas contaban grandes historias: tamén as hai hoxe, pero menos. Por exemplo, un home que chega a un lugar ignoto, onde é recibido coa hostilidade de todo o pobo. Todos queren saber a razón da chegada do descoñecido, porque todos teñen algo que ocultar. Así comeza unha obra mestra de John Sturges, ‘Conspiración de silencio’, que vin no Xesteira hai varias décadas. Revisada estes días en DVD, comprobo abraiado que segue funcionando como un vello reloxo herdado dos avós. Un excelente guión, un protago nista soberbio (Spencer Tracy, facendo de manco), un abano de espléndidos secundarios e un duro alegato contra o racismo que ten moito que ver tamén coa Caza de Bruxas de McCarthy. Película rabiosamente actual, aínda que hoxe a vítima non sería xaponésa, quizais iraquí ou afgana.



Te puede interesar