Opinión

PAN POR PAN

Perspectivas. En cumprimento da Lei de Memoria Histórica, retírase a estatua de Franco a cabalo en Santander. Por certo, unha cidade moi fermosa, pero chea de símbolos franquistas. Fernando Ónega di que a nivel popular esta a praza ‘era a dos seis ovos: os do cabalo, os do ditador e os do alcalde que mantivo alí o monumento’. Porque ese é o tema: suprímese a última estatua do xeneral empoleirado e ben está, pero pasaron xa 33 anos da súa morte física. Hora era, dende logo. Escoito tamén ó presidente do goberno eloxiar o labor das forzas de seguridade contra o terrorismo etarra. Labor encomiable, sen dúbida. Zapatero dá a cifra de 365 detidos en dous anos, un etarra cada dous días. O dato é positivo. Pero tamén admite outras perspectivas: despois de baleirar os cárceres coa amnistía en 1977, é tremendo pensar que cada dous días hai un novo mozo vasco disposto a penetrar no camiño da barbarie.

Te puede interesar