Opinión

PAN POR PAN

Infernos. Hai tempo que non se fala do tema e non sei como vai o debate teolóxico: por fin hai inferno, purgatorio e todo iso ou cambiaron os dogmas? Á marxe do que decida o Papa e os seus asesores, infernos hai pero están ben perto. E non falo de África, esquecida polo mundo civilizado, senón doutros países dun certo nivel cultural e historia esplendorosa. Por exemplo, México. Jon Sistiaga presenta na Cuatro unha reportaxe estarrecedora sobre a vida en Tijuana noutras cidades mexicanas, por non falar dos feminicidios en Ciudad Juárez. Máis de trece mortos diarios entre bandas de narcotraficantes e grandes anuncios na rúa para contratar máis sicarios. O propio presidente declara que a maioría da policía é corrupta: axentes formados para combater a droga pásanse ó outro bando, que paga moito mellor. Ten que intervir o exército, seguindo o modelo colombiano. Triste futuro para un gran país.


Te puede interesar