Opinión

PAN POR PAN

Lideratos. Seica nas próximas eleccións autonómicas terá menor relevancia o papel de apoio dos líderes estatais. Dato positivo, pois permitirá centrar na realidade galega as marxes do debate. Son unhas eleccións decisivas para avaliar a estratexia de Núñez Feijóo no PPG. A nivel de Estado, o PP segue dividido e Rajoy comete erros de imaxe moi graves, como non asistir ó pleno de votación dos presupostos para ir xantar con Mayor Oreja. Será mellor que nesta ocasión Feijóo conte coas súas propias forzas. Pérez Touriño aspira a revalidar o seu liderato como presidente da Xunta, semella que indiscutido dentro do seu partido. O apoio de Zapatero (ou de Felipe González antes) sempre foi decisivo para os socialistas galegos. Pero o panorama da crise económica cambia as cousas: é probable que moitos electores queiran facer a Zapatero responsable da situación e iso non lle axudaría a Touriño.



Te puede interesar