Opinión

Pan por Pan

Vangarda e Tradición. Galicia non estivo ausente dos grandes debates das vangardas de inicios do século XX e os nosos artistas e poetas aí estiveron, discutindo as formas de chegar ó pobo e extremando a súa sensibilidade e a súa capacidade de renovación estética. Nas nosas revistas culturais deste período Alfar, Nós, Papel de color, Cristal, etc.están todos, as miradas máis renovadoras e aqueloutras que afincaban os seus pés na tradición porque consideraban que en Galicia estaba todo por construír. Dende a óptica nacionalista como a de Castelao, era incomprensible o alento corrosivo do movemento Dadá, por exemplo. Pero é enormemente enriquecedor que ó carón de Castelao, Colmeiro ou Maside, formen na Galicia cultural do momento nomes como Luís Seoane, Arturo Souto, Laxeiro ou Cándido Fernández Mazas, todos grandes artistas malia as evidentes diferenzas na concepción da arte de cadaquén.



Te puede interesar