Opinión

PAN POR PAN

Entre can e lobo. Con este título tan orixinal, unha expresión francesa semellante ó noso ‘entre lusco e fusco’, entrou na casa un dos últimos libros de Julio Llamazares, ‘Entre perro y lobo’ (Alfaguara). Chegou cos agasallos de Nadal, de man da miña filla Eire e estou estes días a saborealo con gusto. Coñecín ó autor e sigo a súa obra dende hai bastantes anos. Este volume é unha escolma de artigos xornalísticos dos últimos 20 anos. Moitos deles remiten ó universo literario de obras como Luna de lobos, ‘La lluvia amarilla’ o ‘El cielo de Madrid’. Nos artigos hai tamén pezas magníficas como ‘Adiós a Matiora’, ‘Memoria de la nie ve’ ou ‘Balada de Portugal’, intelixente defensa do iberismo que relembra tamén as teorías do padre Antonio Vieira. Faime moita graza ademais reler hoxe ‘El arzobispo de Manila’, inspirado nas babecadas que dixo Cela, sobre as mulleres e os escritores novos, cando gañou o Nobel.

Te puede interesar