Opinión

Pan por pan

As leis da natureza. A miña sobremesa está a cotío chea de crocodilos que atacan ñus, elefantes que se enterran na lama e osos polares a cazar crías de foca. Non me aburren os documentais, sempre encontro algunha suxestión neles. Onte emitiron un titulado ‘O león cruel’. Trataba dunha familia de leóns que non seguía as tradicionais e esforzadas técnicas de caza. Pola contra escollía animais, crías sobre todo, debilitadas pola seca e dáballes un final horrible, moitas veces devorándoos vivos nunha longa agonía. O título era enganoso: o león non pode ser cruel, nin ningún outro animal. Simple mente segue os seus instintos primarios, alimentarse, reproducirse, etcétera. As leis da natureza protexen a supervivencia das especies, non a dos individuos. Os homes usamos a tecnoloxía para ‘corrixir’ a natureza coa civilización. E non sempre acertamos, nin moito menos.


Te puede interesar