Opinión

PAN POR PAN

Zapping. Está claro que a Televisión ten outras linguaxes, outros medios e outras teimas. Por, exemplo, nos últimos tempos, a obsesión pola neve. Cada dez minutos sae un reporteiro dalgún programa nun pobo asolagado pola neve, entrevistando a algún paisano aterecido: é como se os xornais titulasen todos os días NEVA E SEGUE NEVANDO en letras grandes. A TV domina moi ben a linguaxe fragmentaria, a mensaxe rápida, breve e pouco substanciosa. Velaí os múltiples programas de zapping con contidos morbosos ou escatolóxicos, curiosidades de bichos e animais, batacazos e choques de coches ou motos e algunha desgraza, ademais de artistas aspirantes a un record Guinness. Con todo ese barullo faise unha televisión fácil, tantas veces repetitiva e, sobre todo, barata. Co auxilio ademais de Youtube onde hai un catálogo millonario de chorradas diversas para copiar e difundir na pantalla de TV.

Te puede interesar