Opinión

PAN POR PAN

Un gran día. Onte foi un gran día para o mundo: foise do poder dun dos Estados máis poderosos o señor Bush, un dos políticos que xenerou máis odios ó longo de todo o planeta. A maioría das persoas que asistían en Washington á toma de posesión de Obama de seguro respiraron aliviadas desexando o final da política das mentiras que quixeron xustificar guerras. Os Estados Unidos poden empezar xa a loitar por recuperar unha outra imaxe no concerto das nacións. Barak Obama apelou onte a conquistar a esperanza contra o medo. Alguén dixo que daba a imaxe dun home tranquilo en medio dunha treboada. Agardemos que agora non defraude a xigantesca enerxía colectiva que recolleron as cámaras de televisión. Ante o frío perfil de Bush, Obama afirmou que a seguridade non pode sacrificar a liberdade. Que peche xa a base de Guantánamo e borre o seu país da ignominiosa lista de Estados que practican a tortura.

Te puede interesar