Opinión

PAN POR PAN

O avó Benxamín.


Fotos antigas. Pasáronme unha pequena colección de fotos antigas da miña familia. Entre elas hai xoias como retratos dos meus avós maternos, Benxamín en Cuba e Carme en Buenos Aires, posando estilo Hollywood, e moitas da miña infancia. Vexo a foto dun curso de Bacharelato en Maristas e o cerebro ponse en marcha: non recordo todos os nomes, pero si moitos acenos, anécdotas, impresións. Outras fotos son dunha excursión colexial a Madrid, con Cesta y Puntos. Retratámonos no Zoo e no Santiago Bernabeu: os das imaxes, algúns hoxe profesionais coñecidos, son neniños ben peiteados, coas súas chaquetiñas de punto ben colocadas, cunha expresión tan cándida como a dos anxiños barrocos das nosas igrexas. Noutras estamos na praia, eu posando cos brazos en xarras. Que queda daquel cativo despois de catro décadas? Quizais unha mirada, quizais unha ilusión, quizais só unha luz no recordo.



Te puede interesar