Opinión

PAN POR PAN

Letras Galegas. Hai varios anos, neste curruncho, subliñaba eu o labor difusor da causa cultural galega que no seu momento supuxo a revista Triunfo, da man de Haro Tecglen, pois alí escribiron Blanco Amor, Méndez Ferrín e Alonso Montero. Este último vén de publicar o volume ‘Letras galegas. Explicadas (de 1962 a 1980) en Triunfo e noutras revistas de fóra de Galicia’ (Xerais), recolleita dos seus artigos nesa publicación e noutras como Canigó ou Cuadernos para el diálogo. Neles dominan temáticas moi queridas por Alonso Montero como a lingua galega, Castelao e Celso Emilio Ferreiro, e tamén a presenta ción ó público non galego de autores do exilio, pouco recoñecidos daquela, como Luís Seoane, Lorenzo Varela e Neira Vilas. Tamén denuncia o ‘lingüicidio’ sobre o que alertaba no seu ‘Informe dramático sobre a lingua galega’: toda unha premonición das arelas de Corina Porro e os seus amigos.



Te puede interesar