Opinión

PAN POR PAN

Cidadáns preguntóns. Hai que recoñecerlle a Zapatero certo valor por acudir ó programa dos cidadáns preguntóns. As preguntas tiveron o seu interese e moi escasa condescendencia co presidente. Palpábase o cabreo popular, fillo da crise, e os convidados foron directos ós problemas económicos, que son tamén dramas humanos. Zapatero non tiña outra que escoitar e reconfortar as voces queixosas. O presidente domina a retórica e alguén lle dixo que non dera cifras: el tampouco sabe cando vai rematar a crise. Fixo un esforzado exercicio de vontade e esperanza, sen concretar case nada. Víuselle acurralado cando foi interpelado polos cartos concedidos ós bancos e polas armas que España vende a países en guerra que non respectan os dereitos humanos. Faltoulle aí capacidade de reacción e credibilidade. Seis millóns e medio de persoas optaron por non desconectar e escoitalo: quizais ese foi o seu maior éxito.

Te puede interesar