Opinión

PAN POR PAN

Vergoña. Onte sentín vergoña, unha vez máis, escoitando unha nova de tema galego nun telexornal. Non era un crime da Galicia máis profunda nin nada sobre o narcotráfico.


A tele informaba que Sogama non incinerou ningún dos millóns de fármacos recollidos en España, en vinte mil farmacias, dende 2002 ata hoxe.


Doce mil toneladas de medicamentos usados ou caducados que, en contacto coa auga e outros residuos, poden ser altamente tóxicos. De nada vale o esforzo dos cidadáns levando eses fármacos ós contedores da farmacia, porque, en vez de ser destruídos, logo son enterrados en Cerceda, co perigo evidente de contaminar augas e terras. Pero, en que mans estamos? A alguén lle importa de verdade garantir a nosa saúde? Para que se gastan cifras millonarias en campañas a favor do medio ambiente? Haberá un responsable deste disparate: que poñan xa a súa foto na portada dos xornais.



Te puede interesar