Opinión

Pan por pan

Románico. A segunda cadea de TVE está emitindo polas mañás unha serie documental moi recomendable, ‘Rutas del Románico’, conducida polo humorista gráfico Peridis. Tras percorrer nunha xeira anterior boa parte do románico castelán, Peridis segue o seu camiño, lápis e lámina en man, pola montaña palentina, Álava, as grandes colexiatas de Cantabria, a arte tardía de Pontevedra, as pinturas murais das igrexas catalanas, o final do Camiño de Santiago, os antigos condados de Sobrarbe e Ribagorza (Aragón) e os grandes mosteiros cistercienses e bieitos de Cataluña. Unha completa visión do Románico dende a clave artís tica e monumental, que remata sendo tamén unha crónica da época, do estilo de vida e da historia social e relixiosa nos séculos nos que floreceu esta arte. Tamén un modelo do documental sobre patrimonio a imitar polo audiovisual galego: para cando unha serie sobre o Románico galego?

Te puede interesar