Opinión

Pan por pan

Unha enquisa. Esoutro día chamáronme por teléfono para facerme unha enquisa sobre as eleccións. É a primeira vez que tal cousa me sucede e respondín disciplinado. A enquisa era ampla e pedía moitos matices sobre a miña ubicación ideolóxica. Tamén solicitaba unha nota concreta para varios políticos do goberno e da oposición. Cando vaia votar, non poderei matizar tanto. Nin moito menos. O sistema obríganos a espremer a utilidade do voto e moitos cidadáns acaban por votar o menos malo. Ou por votar tapando o nariz, expresión que vexo repetida nos blogs. Moitos outros votarán contra un partido, máis que a favor do outro. E todos eses votos valerán igual: convencidos, escépticos, cabreados, resentidos, etc. Si, xa sei que non é o sistema perfecto, pero quen inventou a democracia, con todo, solucionou moitos problemas. Oxalá os deputados electos afonden nesa democracia imperfecta. Xa sería moito.

Te puede interesar