Opinión

Pan por pan

Hemingway. Na colección Miradas Alleas, da Xunta de Galicia, foi reeditado o volume ‘Hemingway en Galicia’, de Carlos Casares (publicado antes en Galaxia), cun texto complementario de Carlos G. Reigosa. É fascinante percorrer o periplo de relacións galegas do Nobel norteamericano, que incluíu personaxes galegas nas súas novelas e contos, dende a Pilar de ‘Por quen dobran as campás?’ ata os cregos que lembran as andanzas agraristas de Basilio Álvarez. As opinións de Hemingway sobre os galegos son diversas, ás veces considerados como brutos ignorantes ou desprezados por ser unha cultura allea ó mundo dos touros. Pero, como di Casares, o escritor fíxose inmortal logo pola épica do mar, reflectida en ‘O vello e o mar’ de Casares sostiña, sobre textos do Nobel, que esa visión puido nacer nunha viaxe do escritor nos anos 20, vendo o esforzo heroico dos nosos mariñeiros na ría de Vigo.



Te puede interesar